off
Cedeira — 19 de Abril de 2012 at 19:02

14 de abril

por


Fonte: Diario de Ferrol

Gabriel Beceiro

A acción solitaria, agás no heroismo, ten unha eficacia limitada. A data pedía algo máis que sacerdocio e profesión política.

Hai unha práctica escocesa coñecida como go canny na que o operario traballa ao seu ritmo producindo en cantidade proporcional á paga.

O poder simbólico da representación ten un perigo pois permite recoñecer o baleiro da acción diaria, do por qué agora e non antes.  O que a foto representa, máis alá da xenuflexión e do respeto, cecais sexa unha modalidade simbólica do go canny  que ven amosar  a relatividade  do poder e a súa relación específica cos votos recebidos. Nos ritos ancestrais compría destinar á divinidade parte dos ingresos  tirados das ofrendas e gardar devoción aos devanceiros e aos deuses protectores da familia. Logo de corenta anos de represión (os galegos temos que contabilizar tres anos máis)  e máis de trinta de democracia en circuito pechado, os rituais considerados com signos de razonabel piedade chegan tarde e mal. O que a foto tamén mostra é que mália a invocación continuamos a estar enfrontados porque nen a representación sirve como acción edificante. No mundo grego eran os deuses os que se enfrontaban entre deles para protexer e controlar aos homes, pola contra,  en nós teima unha substancial diferencia, continúase a practicar a infamia entre homes invocando aos respectivos deuses. Son malos tempos para agardar confiados, como bós kantiáns, a universalización do seu principio.

Alén o sentimento de xustiza histórica, desexo piadoso, o día precisaba máis pobo. Precisaba a escenificación dunha dinámica que xunguira as forzas dispersas, nunha grade que riscara sen obstruccionismo no adversario de longa sombra.

O campo de concentración de Cedeira permanece ainda enmascarado  porque contra a brutalidade e a barbarie organizada, contra o triunfo de Tánatos, permanece coma un furado negro. Ainda non son obxecto da memoria das xeracións actuais os que foron envilecidos, humillados, destruidos.  Por eles, hai que rematar coa representación do indecibel e abrazar a política do hoxe coa luz tirada da experiencia dos que non poideron falar a golpe de vexame, bochas supurantes e diarreas.  Será por iso ca miña avoa cada vez que lle falaban de caridade e confesión cristiá ollaba cara o Areal. Agás iso, nada máis.

6 Comentarios


  • Para que a xente poida acudir a este tipo de actos hai que avisala anteriormente xa sexa a traves de redes sociais,medios de comunicacion, panfletos ou de palabra. Gelo do Moure que participou nos actos anteriores e axudou ós da Memoria Histórica de Ferrol a levalos a cabo por petición deles desta vez non puido acudir xa que ninguén o avisou. Poida ser que houbese xente interesada en saír só eles na foto. Por certo, para cando a homenaxe ós asesiñados e represaliados de Cedeira? xa que tanto como os Asturianos merecen tamén un recoñecemento.Amén


  • Non sei se a estas alturas a nacionalidade das victimas dunha barbarie de igual medida, ten algunha importancia. Cando estaba a ler o artigo, no que menos reparei foi no lugar de procedencia das victimas, din por suposto que eran da vila, pero non cambia a miña postura ao saber que non o son. E por suposto a foto é o de menos, tratase de adherirse de algunha maneira, de facer saber que os que lemos o artigo tamén nos sentimos afectados polo pasado.


  • Agradécense os comentarios porque ambos e dous inciden no que o artigo tenta exprimir: precísase máis memoria e máis pobo a recordar. O furado negro da memoria está por descobrir as víctimas de noso. No entanto non se faga iso o furado será ainda máis negro.


  • Belén, cando dís ¿ que importancia ten a nacionalidade das víctimas ?, non a tería se ás víctimas do Franquismo de Cedeira , xa lle tiveran feito a súa propia homenaxe. Hai unha expresión que dí: O respeto polos demáis empezo por respetarse a un mesmo.
    Para simplificar,Belén, primeiro é a túa filla e logo a da veciña, non si?
    No monolito da homenaxe hai unha placa escrita en “castellano”, non che parece que o noso idioma ( o galego ) merece un respeto,como tamén o merecen os nosos represaliados.
    Referente á foto ten a importancia que se lle queira dar, nela vense varias persoas…unha delas non dá pé sen puntada, tí xa me entendes se queres.
    Sen máis, grazas por aproveitar ó Olláparo como medio de comunicación


  • Esa é a dimensión do furado negro: no espello da homenaxe aos represaliados no campo de concentración do areal vémonos reflectidos en ausencia, falta pobo. Nen Cedeira, nen o seus representantes foron quen de ollarse no espello e recoñecer que houbo cedeireses/as que foron cúmplices e asasinos dos seus veciños polo simples feito de profesar, pensar e velo mundo doutro xeito. E ás veces nen iso. Non pode haber reconciliación onde non houbo recoñecimento do outro. Non se deu o paso e as accións piadosas baixo foco teñen o problema de obturar o campo de visión.


  • “Sedimentos franquistas aparte, la trayectoria de Vinyes ejemplifica el punto y aparte de la Transición —“no comparto que sean los mismos perros con distintos collares”, afirmó—, el revisionismo ultra posterior —la diferencia entre historiadores militares como los hermanos Larrazabal es que sus epígonos no son historiadores— y lo que costó avanzar a partir de ahí. Todas las dificultades para instaurar algo parecido a una reparación de las víctimas. No lo hizo la Ley de Memoria Histórica (2007), ahora “muerta”. “Su artículo cuarto establece el derecho de cada afectado a obtener un título de víctima certificado, uno se lo pone sobre el tresillo y ya está”, resumió. “Eso equivale a privatizar la memoria, negándose a crear un espacio público para ella: la trayectoria personal de la víctima deviene ininteligible, al separarse de la trayectoria histórica”.Vinyes zanja los hechos del 77, en un país donde la apología del franquismo no es delito, brevemente: “La sociedad aceptó aquello porque no había conciencia de lo que significaba acabar con la impunidad. El vocabulario de los derechos humanos empezó a desarrollarse en Chile o Argentina”.

    Las dificultades en Galicia para mantener con vida el depósito digital de víctimas del Proxecto Nomes e Voces le sirve para rescatar la ética. Como urgencia civil. “No es cierto que no haya dinero; es un problema de prioridades”.

    Ricard Vinyes,2012. El Pais Galicia: Dispoñible en: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/22/galicia/1335117102_073097.html

off