off

Cedeira — 23 de Abril de 2012 at 19:27

A bailía de Santa María de Régoa

por Alberte Rodriguez Freire



Dentro das normas gnósticas,  a igualdade entre homes e mulleres, tanto na vida social como na relixiosa, permitíalle ás mulleres a facultade de exercer o culto do mesmo xeito que os homes, algo totalmente imposible dentro das normas canónicas da Igrexa católica apostólica romana; a este respecto convén apuntar o feito de que durante os séculos XIV-XV-XVI, existíu na xurisdicción cedeiresa, en concreto na parroquia de Sta.María de Regoa, unha Bailía*, un convento mixto insólito no contexto católico.

Fotos: Fernando Igrexas

Esta “bailía” estaba ocupada por 14 monxes e 14 monxas, sempre en igual número de monxes e monxas, de xeito que no caso de que un freire ou freira abandonara o claustro, ou falecese, debería ser inmediatamente reemprazado por unha irmá ou irmán relixioso para que non desaparecera o equilibrio entre o número de homes e mulleres. Existe constancia do control desta “bailía” por parte do Comendador de Portomarín, principalmente para manter o orde entre as monxas deste convento, pois parece que existía certo grau de rebeldía entre as mulleres, non así entre os monxes, amosando estes mais acomodo.

Notas:

Bailio. Cavaleiro da orden de San Xoán con comendas administrativas ou militares.
Bailia. Territorio ou xurisdicción de bailio

1 Comentario


  • Hai un feliz treito de “A República” de Platón onde o filósofo defende a igualdade entre homes e mulleres. É de admirar porque hai outras pasaxes da obra platónica onde a muller aparece devendo obediencia ao home, mostrándose incompleta en relación a ele.

    Mália a excepción da bailia, na vida secular e na relixiosa, as mulleres seguen a ser tratadas mais como Madalenas do que como Marias, seguen a padecer a a violencia das máis variadas formas.
    O anuncio do goberno de Feixoó de contar coma membro da unidade familiar ao non-nacido para acceder a axudas á vivenda (cando por outra banda se está a rebaixar nun 43% as partidas orzamentarias destinadas á familia e á infancia, é dicir, aos xa nacidos), non fai máis que aprofundar na desigualde de xénero (cómpre non esquecer que en Galiza fanse moi poucas denuncias por violencia de xénero) xa que lle dá máis valor á potencia que ao acto, é dicir, no canto de atallar ás disparidades de orixe e xénero (as condicions de existencia que determinan as decisións) propón unha regresión que máis que garantir o “dereito á maternidade” (é un dereito ?) disólveo nunha nova versión de paternalismo onde a muller non pasa a decidir agora e aquí, senón como compensación.

off