off
Galiza, Literatura, Normalización lingüística — 25 de Abril de 2012 at 08:24

Non hai galego para Shakeaspeare

por Ollaparo Redacción


            No marco do  festival Shakespeare´s Globe de Londres, o pasado 22 de abril realizouse unha lectura de sonetos de Shakespeare en 37 línguas de todo o mundo, entre as que non aparece o galego. Mália a recente e feliz tradución dos  Shake-Speares Sonnets  de Ramón Gutierrez Izquierdo  para Edicións Xerais de Galicia, é mágoa que as nosas institucions académicas e políticas non procuren estes foros de promoción do noso idioma. No entanto,  o euscara e o catalán acudiron ao evento co apoio do  Instituto Vasco Etxepare e a compañía Parking Shakespeare de Mataró . As  lecturas tiveron lugar no célebre en  The Globe Theater.   
Para qué nos imos preocupar que a língua galega participe nesta gran festa de línguas, para qué nos desasosegar cos sonetos de Shakeaspere,  cun Lear, un Henrique IV ou coa Tempestade se non hai máis shakeasperián que  desmantelar as nosas compañías de teatro ? Non é que este ano,  por mor da crise que para todo vale,  o Shakespeare’s Globe caia en desgracia, non.  E que aquí estamos alén Shakespeare, e para galernas, as nosas.
Para qué nos misturar coa multitude cosmopolita se podemos asistir a unha tourada no grande Coliseo da Coruña? Nós si que sabemos de comadres e traballos de amor perdidos.
PD. The Globe convida a falar en euscara e catalán antes do que o Congreso dos Deputados.

Os comentarios están pechados

off