off

Globalización, Política — 19 de Abril de 2012 at 14:58

Poder politeista

por Ollaparo Redacción


Sería bo que os cidadáns galegos comezaran a enxergar quen é quen a esquerda e a dereita. Quen axudou acrescentar  o poder coa  cidadanía e quen a diminuilo até facer do local, onde os problemas se manifestan con toda a forza da necesidade,   un simples apañadoiro de votos.  Xa advertiu Foucault fronte  a ortodoxia de acción política, que o poder exércese sempre que se cumpre un papel produtor. Nas accions/reaccions, nos equilibrios/desequilibrios, nas evolucions/involucións… porque o poder obra decote en todo o que respira.

Cómpre reconsiderarmos estas cousas agora que a enxurrada neoliberal está a facer do mito da crise unha oportunidade para laminar dereitos.  O poder é alí onde hai forzas en oposición, xaora, cómpre enxergar a acción militante sen un centro localizabel.

Cómpre familiarizarse coas fendas que se abren e colarse nelas como a enerxía que se disemina por toda a parte.  O local debe servir para abordar a política doutra forma, para practicar a revolta e a resistencia a esa sorte de fatalidade de poder xeral que chaman globalización. A manifestación de potencia é molecular, e non vai en beneficio da máquina de Estado.

Tags

Os comentarios están pechados

off